O PP rexeita a declaración do Ano Castelao sostendo que non pode “bendicir o nacionalismo”

O PP rexeita a declaración do Ano Castelao sostendo que non pode “bendicir o nacionalismo”

23 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Partido Popular desbotou outra vez máis unha proposición non de lei para o desenvolvemento de accións destinadas a conmemorar o 125 aniversario de Castelao, elevada ao Parlamento polo BNG. Os conservadores, que si amosaron a súa disposición a traballar polo recoñecemento da obra do intelectual e artista como Ben de Interese Cultural, dixeron estar en contra das formulacións dos nacionalistas arredor do legado do rianxeiro, acusándoos de pretender ele

A encargada de defender a iniciativa que pretendía instar á Xunta á declararación de 2011 como Ano Castelao foi a deputada do Bloque Ana Pontón, quen asegurou que nada lle impide ao Goberno autonómico renderlle honras no mesmo ano a varias figuras da cultura e o pensamento do país. Pontón resolveu que o interese do PP pasa pola “desmemoria”, coa que pretende lograr que os galegos non coñezan ás súas figuras senlleiras. Para ilustralo, contou unha anécdota persoal. Referiu que coñeceu a unha persoa que, nunha asociación cultural, confundiu o escudo galego deseñado por Castelao co lema “Denantes mortos que escravos” co símbolo da CNT.
 
O apoio socialista non abondou para facer prosperar a proposición do BNG por mor da maioría do PP na Cámara. Aínda así, a deputada do PSdeG Concepción Burgo reivindicou a necesidade de homenaxear a Castelao, unha actuación que a Xunta tiña que “acometer de oficio”. Burgo criticou que os populares “apartan todo o que lles molesta”, dando exemplo de “intolerancia”. 
Institucional