O PPdeG considera que a lei do aborto esgazará a sociedade galega

O PPdeG considera que a lei do aborto esgazará a sociedade galega

08 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“A lei do aborto é machista e fractura a sociedade galega”. Velaí a opinión que sobre a lei que entrará en vigor o vindeiro 5 de xullo para preservar o dereito da muller á libre interrupción do embarazo achegou o deputado do PPdeG Rosendo Fernández hoxe no Parlamento. As súas opinións mereceron apupos das deputadas da oposición, ás que lle reclamou que se “sosegasen”. Para o popular, o machismo da norma proc

As declaracións de Fernández producíronse durante o debate dunha proposición do BNG para forzar unha explicación da Xunta sobre as garantías que o Goberno galego ofrece para desenvolver na nosa comunidade a lei do aborto, diante das últimas manifestacións dende o Executivo, defendendo o recurso do Partido Popular contra a constitucionalidade da norma. A nacionalista Ana Pontón acusou á Xunta de comezar a desmantelar a rede de centros Quérote que contribuían á defensa da saúde sexual da muller.

Institucional