O Príncipe de Asturias chega a Ferrol para o desgüace

O Príncipe de Asturias chega a Ferrol para o desgüace

08 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As 10 e cinco minutos de esta mañá a silueta do portaavións Principe de Asturias debuxouse na boca da ría de Ferrol (A Coruña), ao pé da moa do Segaño. A unidade R 11 da Armada cruzou esta mañá por última vez o brazo de mar que separa os castelos de San Felipe e da Palma. Atracou na estación naval da Graña e procederáse agora a completar o seu desarmamento. No mes de xuño realizaráse a súa sub

O portaavións Príncipe de Asturias atracou este mediodía na Estación Naval da Graña de Ferrol, cidade na que o buque da Armada completará a súa fase de desarmamento. Diferentes unidades da Marina sairon ata a boca da ría para acompañar ao Príncipe na súa última singladura.

Hai dous días, partía desde a Base Naval de Rota cunha dotación reducida de 220 persoas para completar a última navegación na súa vida operativa. Neste escenario, un helicóptero SH-60B da Décima Escuadrilla de Aeronaves, pilotado por S.A.R. o Príncipe de Asturias, realizou a última operación de voo do portaavións.

Fin do desarmamento en Ferrol

O buque, inmerso na súa desactivación como unidade militar, realizou en Rota a fase previa de inmovilización, desembarcando os repostos e pertrechos que non son indispensables para a seguridade e o tránsito de Rota a Ferrol; a munición; o combustible non necesario para a navegación; o material patrimonial así como a da arma Aérea e as embarcacións menores.

O portaavións está xa en Ferrol para completar o período de desarmamento e valoración. Nesta fase da desactivación do barco, cesará a actividade operativa e, cunha dotación reducida, procederase á clasificación dos sistemas, equipos e materiais como 'útiles' ou 'inútiles'. Os equipos 'útiles', ben se desmilitarizarán ou ben se desmontarán e retornarán á cadea loxística. Esta etapa levaráse a cabo ata finais do mes de xuño. A partir do mes de marzo está prevista unha nova redución de dotación para realizar labores de custodia e finalización de posibles traballos non realizados.

Sociedade