O premio da Xeración Nós

O premio da Xeración Nós

29 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

"Este é o premio da Xeración Nós e por iso o recibo con moito agrado" manifestou esta mañá a Radiofusión o escritor Agustín Fernández Paz, minutos antes de recibir o Premio Trasalba, concedido pola Fundación Otero Pedrayo. Os actos desenvolvéronse na casa grande de Cimadevila.

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no conxunto de España. É autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén ten diversos títulos traducidos ao portugués, coreano, francés, árabe e italiano.Ademais de Perito Industrial Mecánico, Agustín Fernández Paz é Mestre e Licenciado en Ciencias da Educación. Traballou como docente durante máis de trinta anos, nos distintos niveis do ensino primario e secundario. A comezos deste ano 2014, ven de publicar a novela A viaxe de Gagarin. En 2010 rexeitou o Premio Cultura Galega de Literatura, en protesta pola política contra a lingua galega do Partido Popular ao fronte da Xunta de Galicia.

 

Cultura