O presidente da RAG que dirá “non” ao decreto do ensino podería coñecerse o día 23

O presidente da RAG que dirá “non” ao decreto do ensino podería coñecerse o día 23

12 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O día 23 ou o 30 deste mesmo mes celebrarase o plenario do que sairá elixido o novo presidente da Real Academia Galega. Así o confirmaron esta tarde dende a institución e o primeiro traballo para o novo titular da institución centenaria será defender perante a Xunta o “non” que os académicos oporán ao borrador do decreto do plurilingüismo e que xa adiantaron. Con todo, dende o Partido Popular fixeron nesta xornada un novo chamamento ao

A elección do novo presidente da Real Academia Galega coñecerase o día 23 ou 30 de xaneiro. Así o vén de declarar á axencia Europa Press o presidente en funcións da institución, Manuel González. Até hoxe, a única candidatura presentada para suceder a Xosé Ramón Barreiro é a de Xosé Luís Méndez Ferrín, pero o prazo para presentar novas opcións continúa aberto.

Xa é sabido que a Real Academia Galega dirá “non” ao borrador do decreto do plurilingüismo. Á espera de que a Xunta confirme o calendario de consultas cos partidos políticos, sindicatos e entidades culturais para procurar o consenso sobre o texto e recoller novas achegas, van trascendeno as posturas dos interlocutores. A máis antiga institución cultural do país deciciu no seu plenario de onte opoñerse á fórmula do Goberno para repartir o uso dos idiomas oficiais no ensino. Así, trascendeu que dende esta xornada unha comisión de cinco académicos traballa na redacción dun documento para explicarlle ao Executivo de Alberto Núñez Feijóo o motivo do seu rexeitamento completo ao proxecto e desbotar a posibilidade de enmendar o borrador.

Cultura