O presidente da Xunta expresa o seu pesar pola morte dos brigadistas

O presidente da Xunta expresa o seu pesar pola morte dos brigadistas

13 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Feijóo enviou o seu máis sincero recoñecemento aos dous mozos que perderon a vida na loita contra o lume e expresou as súas condolencias ás súas familias, amigos e a todos os seus seres queridos, aos que comprometen todo o apoio persoal que necesiten. Tamén transmitiu un especial recoñecemento  aos máis de 6.000 integrantes dos dispositivos de extinción.

A Xunta seguirá traballando coordinadamente a través do Comité de Seguimento Operativo, para coñecer a fondo as circunstancias da traxedia, para perseguir aos incendiarios, para prever os novos focos e para extinguir os incendios activos. Feijóo indicou que o Goberno galego traballará a través da colaboración cidadá, da cooperación con todas as administracións, as forzas e corpos de seguridade, e con todos os grupos políticos. Neste senso mantiveron comunicacións co delegado do Goberno en Galicia, coa ministra de Medio Ambiente e o Ministro de Fomento, co presidente do Goberno, co líder da oposición, e tamén conversaron cos secretarios xerais do PSdeG e do BNG, para transmitirlles toda a información dispoñible e agradecer a súa colaboración. A Xunta tamén está en coordinación cos concellos afectados, para realizar da forma máis breve posible, tanto a extinción do lume como para dar todo o apoio necesario ás familias dos dous falecidos.

Sociedade