O presidente de México non entra en detalles sobre os contratos de Pemex

O presidente de México non entra en detalles sobre os contratos de Pemex

15 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O presidente eleito de México, Enrique Peña Nieto, recalou hoxe en Madrid e, na súa primeira declaración ante os medios españois tras unha longa reunión con Mariano Rajoy na Moncloa, quixo enviar unha mensaxe de tranquilidade sobre os contratos da petroleira do seu país Pemex cos estaleiros galegos Navantia e Barreras. Peña Nieto, con todo, nin confirmou que estes contratos estean pechados nin moito menos mostrou papel algún que o faga, ta

O próximo mandatario mexicano, que tomará posesión o 1 de decembro, informou nunha comparecencia en solitario que se comprometeu co xefe do Executivo español a que "continuará as xestións iniciadas entre Pemex e os estaleiros de Galicia", pois, a tenor da información trasladada pola petroleira, o contrato (a construción de dous hoteis flotantes por 300 millóns de euros) reportaría "beneficios mutuos", xa que inclúe, por exemplo, transferencia tecnolóxica.

Peña Nieto non quixo entrar en máis detalles sobre se estes contratos poderían ter marcha atrás ou algún floco pendente e insistiu en que a única información que lle trasladou a compañía petroleira mexicana é a dos beneficios para ambas as partes.

Institucional