O Pressing Catch de Berrobambán no ring de Narón

O Pressing Catch de Berrobambán no ring de Narón

18 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Pazo da Cultura convértese en ring este sábado 21 de maio para acoller a nova proposta de Berrobambán, que enfronta loitadores e loitadoras da vida cotiá no cuadrilátero: 'Pressing Catch'. Vivimos na era da violencia como espectáculo, metida nas nosas vidas de forma tan sutil e natural que non reparamos nela. Berrobambán xoga co formato televisivo do “wrestling”, da loita teatralizada e feita ficción, para pór sobre a escen

Esa é a proposta do tándem formado por Paula Carballeira (autora) e Quico Cadaval (director). Un DJ introduce os personaxes: Lola (Anabell Gago), unha “poligoneira”, unha rapaza de barrio que bota a súa rabia pola boca coma un animal salvaxe; o Hellmaster (Hugo Torres), avogado de éxito, cunha vida familiar que non é quen de xestionar; e A Chorona (a propia Paula Carballeira), que recorre á chantaxe emocional e a se facer a vítima, a máis perigosa do ring. Todos eles controlados por un Árbitro (Chiqui Pereira) que non quería selo, eterno perdedor nun mundo de gañadores. Pero... alguén ten que pór orde no caos.

Pressing Catch vai alén do espectáculo teatral: inclúe actuacións musicais en directo e proxeccións de curtametraxes realizadas polo ferrolán Carlos Alberto Alonso, que contan a vida do e das protagonistas cando están fóra do ring, con “cameos” estelares, intervencións de actores e actrices que o público poderá recoñecer. A través da web www.pressingcatch.berrobamban.com, podemos acceder aos vídeos dos loitadores, “xogar con eles” por medio dunha animación interactiv, e saber moito máis sobre a compañía, o espectáculo, ou a “cultura” da violencia, cunha guía didáctica elaborada por Miguel Vázquez Freire e Begoña Chouciño.

Ademais, a compañía botou a andar unha iniciativa musical con moi boa acollida: convocouse un certame entre grupos galegos para faceren cancións sobre a violencia, e, dos 24 que se presentaron en outono do 2009, un xurado, composto por Xurxo Souto, María Yáñez, Belén Regueira e Pablo Novoa, escolleu doce, que forman parte do CD, editado por Falcatruada, Pressing Catch. 12. Soyuz, que fai tamén a música do espectáculo, Shit Pony, Spinochordodes, Fucoxabier, Dios ke te Crew, Sacha na Horta, Meninos Carentes, Novedades Carminha, Grupoh!, Impulsos Criminais, GalegoZ e Es un árbol foron os gañadores. O CD pode adquirirse nas funcións, igual que o libro co texto de Paula Carballeira, e está tamén dispoñible na tenda virtual Toupa.net.

O grupo estará no Pazo da Cultura de Narón, o sábado 21 de maio, ás 20.00. O prezo das entradas é de 8 €, 5,60 para persoas abonadas, ou 4 para as que son usuarias do carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Cultura