O prezo medio da vivenda usada en Galicia situase nos 2098 euros por metro cadrado

O prezo medio da vivenda usada en Galicia situase nos 2098 euros por metro cadrado

17 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O prezo medio da vivenda usada en Ferrol alcanza os 1351 euros por metro cadrado. Segundo datos do Índice Inmobiliario fotocasa, a cidade departamental é o municipio máis barato de España dos analisados por este estudo. O prezo da vivenda de segunda man en Galicia descende lixeiramente un -0,1% o que sitúa o prezo medio en 2.098 euros por metro cadrado.

O portal, considerado polo Fondo Monetario Internacional como fonte de referencia para as súas análises, considera que con este lixeiro descenso combinado mesmo con algunha subida de prezo, constata unha tendencia á retardación da caída do prezo da vivenda de segunda man. Nos meses anteriores as variacións foron: +0,5% en setembro, -1,1% en agosto, +0,3% en xullo e -0,3% en xuño. O prezo máximo histórico da vivenda en Galicia rexistrado polo Índice Inmobiliario fotocasa alcanzouse en outubro de 2007, momento en que o prezo medio dos inmobles de segunda man era de 2.382 euros/m2.

Desde o seu valor máximo o prezo da vivenda na comunidade galega caeu un -11,9%, é dicir, 284 euros por metro cadrado. En canto á evolución do prezo da vivenda no último mes por provincias, constatáronse variacións positivas en dúas do catro provincias galegas. Así en Ourense o prezo medio sitúase en 1.774 (variación de 0,6%), mentres e en Lugo en 1.636 ?/m2 (variación de 1%). Pola contra, rexistráronse descensos moi leves en Pontevedra, cun  e na Coruña (-0,5%). A provincia co prezo medio da vivenda de segunda man máis alto é Pontevedra, con 2.228 ?/m2 (variación mensual de -0,1%), séguelle A Coruña con 2.214 ?/m2 (-0,5%).

Segundo o Índice Inmobiliario fotocasa, a caída de prezos máis destacada no último mes é a rexistrada por Vigo, cun descenso do -1,9%, o que sitúa o valor do metro cadrado en 2.466 euros. En segundo lugar, o municipio onde máis caeu o prezo da vivenda de segunda man é Pontevedra, cun descenso do -0,5% (2.007 ?/m2). O municipio que máis subiu o prezo da vivenda este mes é Ferrol (0,3%), o que sitúa o prezo medio en 1.351 euros por metro cadrado, convertendo a este municipio no máis económico de España.

Sociedade