O primeiro é o primeiro

O primeiro é o primeiro
24 de Marzo, 2020 - 10:02 h. | Publicada por Radio Fene

A CIG Saúde reclama unha mellor organización á hora de establecer prioridades na área sanitaria de Ferrol. Ante a epidemia, hai cousas que poden esperar.

ESCOITA O PODCAST:

A CIG Saúde reclama aos responsables da Área sanitaria que se pospoñan aquelas actividades que non son urxentes. Será un ben para os profesionais e tamén para os pacientes. No nome deste sindicato, Sandra Martínez, afirma que se fai sair do seu domicilñio a unha persoa, normalmente maior, acompañada de outra persoa tamén maior, para facer unha colonoscopia que podería aprazarse uns meses. Ponse en risco a posible contaminación destes pacientes e distráese a atención dos profesionais que son necesarios para atallar a crise santaria que padecemos. En palabras de Sandra Martínez, é imposible garantir a seguridade dos profesionais sanitarios porque son os que están en primeira liña. En relación co material do que dispoñen, afirma que teñen epis "para utilizar con cabeza" porque non se sabe cando van chegar novas remesas. A CIG sempre se pronunciou contra os recortes sanitarios, declara Sandra, quen pon de exemplo o que está pasando en Madrid, comunidade na que máis se recortou en sanidade.

Sociedade

Publica o teu comentario agora