O primeiro acto institucional

O primeiro acto institucional
11 de Febreiro, 2020 - 12:34 h. | Publicada por Radio Fene

Primeiro minuto de silencio contra a violencia machista, presidido polo novo alcalde de Fene, Juventino Trigo.

Un grupo de persoas concentraronse ás 12 da mañá ás portas da casa do concello de Fene, ante a chamada da propia institución municipal, contra a violencia de xénero. O alcalde Juventino Trigo dirixiuse ás presentes contrariado por ser este o primeiro acto oficial que presidía como novo alcalde. Alí estaba persoal administrativo, representantes políticos e persoas que se uniron a unha concentración silenciosa para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo asasinato por violencia machista de Clara M.ª Expósito Vilanova, unha veciña de Lugo, de 49 anos.

Clara foi asasinada o sábado pola súa parella, Francisco Javier de 47 anos, en Lugo, pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas as mulleres polo mero feito de ser mulleres. Este asasinato constitúe o segundo acto de violencia machista en Galicia no que vai de ano. Juventino Trigo concluiu a súa intervención tras un minuto de silencio, conminando a “denunciar calquer atisbo de violencia machista que percibamos como cidadáns, familiares ou xente da contorna das víctimas”.

Institucional

Publica o teu comentario agora