O primeiro móbil

O primeiro móbil
05 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cando e baixo que condicións convén darlles un móbil aos menores. Tema para a reflexión na próxima cita do ciclo Acompañar no Reto de Educar, o luns, día 8 de abril, na Casa da Cultura de Fene. “En idades temperás hai que ter unhas pautas, tampouco lles deixamos aos nosos fillos conducir ata que teñen o carné e cando o sacan hai restricións”, comenta a pedagoga do Concello de Fene María Xosé Paz. 

ESCOITA O PODCAST:

“Na casa é onde se marcan as normas”, lembra María Xosé Paz. “Ás familias preocúpalles e para a rapazada é unha necesidade imperante”. Ante esta situación é necesario “ter criterios claros e ser consecuentes, hai moita presión grupal é necesario saber argumentar esas necesidades”. “Moitas veces esiximos aos fillos o que nós non cumprimos, é importante buscar espazos sen móbil”, apunta. 

“Primeiro móbil, cando, como e baixo que condicións" é o título da primeira sesión da programación para este mes de abril. Luns, día 8, na Casa da Cultura de Fene. Dirixido a familias de Fene, Mugardos e Neda. A sesión dará comezo ás seis da tarde e haberá servizo de conciliación.  

 

Institucional

Publica o teu comentario agora