O primeiro maio da sua vida

O primeiro maio da sua vida

21 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

50 alumnos-as do colexio Os Casais de Maniños participan esta mañán nunha experiencia novidosa para eles, a elaboración dos maios. Convidounos a Asociación etnográfica e da natureza AETNA na pista do Pote, en Fene.

Os rapaces e rapazas achegáronse dende o centro escolar cargados con flores, borras do café e cascaras de ovos para proceder a esta experiencia que se recupera despois de varios anos en Maniños.  No nome de AETNA, Mariela Aguilar, explicaba que son unha asociación etnográfica e polo tanto un dos seus obxectivos é recuperar estas festas populares. 
 

Na pista do Pote tiñan todo preparado, as estructuras de dous maios para cubrir coas flores e no chan pintada xa a alfombra floral. Unha das mestras que acompañaban aos pequenos dos Casais recoñecía que alfombra sí fan no centro pero maios serán os primeiros que elaboren os rapaces na sua vida. Por iso estában emocionadisimos.

Directivos de Aetna, nais dos alumnos e mestras encargabanse de guiar a elaboración dos maios que unha vez rematados se levaron para o colexio. Antes de marchar, no local de Aetna tomaron un tente en pé a base de bola de azucar, de moita fama na parroquia, e refrescos.  

Sociedade