O profesorado do CEP de Ventín esixe a construción dun CEIP en Milladoiro pola saturación do alumnado

O profesorado do CEP de Ventín esixe a construción dun CEIP en Milladoiro pola saturación do alumnado

16 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O profesorado do CEP de Ventín decidiu apoiar as mobilizacións propostas polas ANPAS do Concello de Ames de cara a conseguir solucionar os problemas de escolarización do Concello. Os docentes sinalan que o centro leva sucesivas ampliacións que non deron resolto os problemas de matrícula.Trátase, apuntan, dun centro de 12 unidades, que hoxe ten 21, pero que non cumpren os mínimos requisitos de espazo para poder dar clase nunhas mínimas condicións

Nestas ampliacións chegáronse a reconverter espazos: recunchos de corredor convertidos en minúsculos espazos para Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. A última ampliación consistiu en eliminar o espazo que o alumnado tiña para lecer no comedor e convertelo en dúas aulas que outra vez non cumpren os mínimos esixidos. 

O profesorado esixe á Consellería de Educación e a Concello de Ames, que dean solución definitiva ao problema de escolarización do alumnado do Concello, que non é outra que a construción dun novo CEIP no Milladoiro.

Os mestres manifestaron que “non entendemos a desidia e irresponsabilidade da Consellería de Educación e do Concello de Ames, xa que logo, a situación non é algo novo nin lles colleu por sorpresa. A Escola deInfantil do Milladoiro ten catro liñas, e o seu centro de destino é o noso, polo que nos atoparíamos, xa no curso 20111/2012, con un número de nenas e nenos ao que non seríamos capaces de dar cabida, polo que volvemos esixir a construción dun novo CEIP no Milladoiro e que as medidas provisionais que se adopten nunca vaian máis alá do vindeiro curso 2011/2012. 

Ademais demandan a dotación ao CEP de Ventín do profesorado necesario para dar a debida atención educativa a todo o alumnado que se matricula no centro, alumnado que supera en moito ao número que debería estar matriculado no centro, apostilaron.

Sociedade