O protagonismo dos veteráns

O protagonismo dos veteráns

08 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Teñen en común que todos xogaron en categorías superiores e que teñen unha calidade contrastada. Levan no fútbol-sala toda unha vida e coñecen todas as situacións que se poden dar nunha pista polideportiva, sobre todo, na Primeira Nacional A. Onte gañou o Parrulo en Compostela ante o Santiago con catro goles de Pablo Iglesias e dous de Pana e onte tamén venceu o Cidade de Narón no pavillón da Gándara por 3 a 1 con do

O Parrulo vai camiño do ascenso á División de Prata. Onte logrou unha importante vítoria a pesar da baixa do porteiro Chotto. Todos sabemos a importancia da portería no fútbol-sala. De todas formas os veteráns do Parrulo foron os encargados de solucionar o enfrentamento. Xogaron no quinteto inicial Jorge baixo paos con Manolo Pardo, Pablo Iglesias, Jacobo e Héctor. Mario Cabo sacou posteriormente a Pana, Locho, Pibe e Bolli. Ao final resolveron Pablo Iglesias, autor de catro goles e Pana dos outros dous.
E o Cidade de Narón sumou a súa octava vítoria consecutiva ante o Ourense. Os goles chegaron no segundo periodo do partido.
Deportes