O protocolo da gripe A en Navantia suscita reticencias

O protocolo da gripe A en Navantia suscita reticencias

17 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Navantia aplicará un protocolo específico de prevención da gripe A. Segundo fontes sindicais, o documento vai máis dirixido a manter a productividade que a salvagardar a saúde do plantel. A dirección da empresa indica que as compañias auxiliares que inciden directamente na producción deberán contar tamén cun protocolo de actuación.

O presidente de Navantia Aurelio Martinez comunicoulle algunhas das iniciativas previstas nese terreo ao comité intercentros reunido onte en Madrid. Os sindicatos reiteraron a súa petición de elaboración e negociación do Plan Industrial comprometido no 2004. No que se refire ao convenio, a dirección do grupo pretende extender a vixencia do texto en vigor ata finais do 2010. No primeiro trimestre do vindeiro ano negociaríase o incremento salarial. Os representantes dos traballadores reclamaron información adicional antes de posicionarse en torno a esa proposta. En calquera caso antes de finais do presente mes de setembro comité e dirección de Navantia deberán decidir se negocian un novo convenio ou optan por prorrogar o actual.

Sociedade