O proxecto Cárcere convida ao Jail Vermú

O proxecto Cárcere convida ao Jail Vermú

13 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A plataforma cidadá Proxecto Cárcere convida a toda a cidadanía ao "Jail Vermú" que se organizará este domingo 16 de xuño a partir das 12h30 no mercadiño do Soho Orzán na Coruña. Ofrecerase vermú e pincho a prezos populares e contarán con música ao vivo, a conta dos músicos Karlos Barral (percusión) e Salva Lorenzo (guitarra).

Este encontro servirá como antecipo da inauguración da exposición "Jail Art, arte polo cárcere" que terá lugar o sábado 29 de xuño a partir das 12h00 nas inmediacións do antigo cárcere da Torre. Neste acto que se desenvolverá ao longo de todo o sábado mostraranse as mais de 250 obras de arte postal vindas de todo o mundo á Coruña. Leerase o manifesto S.O.S. Cárcere da Torre con mais de 1400 sinaturas recollidas ata o momento, e onde convidan á participación no espazo aberto de creación que se poñerá á disposición de todas as persoas asistentes.

Informamos tamén de que o membro de Proxecto Cárcere, Patxi Sánchez, está a participar en Barcelona os días 13, 14 e 15 de xuño nas xornadas "Ens Toca! Recuperem l'espai public" organizadas polo Ateneu Santboiá, coa colaboración de Nau Ivanow e Antic Teatre e no marco do Engine Room Europe, proxecto de Trans Europe Halles.

Estas xornadas procuran ser unha reflexión colectiva sobre cómo a cidadanía pode apropiarse e recuperar o espazo público como ben común, e cómo a cultura pode dotarse de ferramentas e ideas que apoien este proceso.

Sociedade