O PSdeG de Vilalba critica a programación do concello no Nadal e reclama “mais actividades para os mais pequenos”

O PSdeG de Vilalba critica a programación do concello no Nadal e reclama “mais actividades para os mais pequenos”

13 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Agrupación Local de Vilalba do PSdeG-PSOE amosou o seu descontento coa programación de Nadal que o grupo de goberno municipal levou a cabo na vila durante as pasadas festas. Os socialistas vilabeses reclamaron mais diversidade en canto ás propostas culturais, “pensando, sobre todo, nos mais pequenos”.

Segundo o voceiro socialista, Xosé Teixeiro Pérez, “as actividades do mes de decembro no municipio vilalbés reducíronse a concertos da banda, un concerto do Orfeón de Lugo, outros dous concertos da orquestra sinfónica de Ucrania, e da filarmónica de Palencia, unha exposición de pintura e a elección de mister e miss Lugo; todas elas dirixidas ós maiores esquecendose por completo dos máis pequenos”.

 

 

Desde a agrupación do PSdeG-PSOE da vila insisten en que “nestas datas a variedade de actividades para os rapaces debería de ser moito maior”, xa que no concello hai un número importante de nenos, que ademais posúen tempo libre nestas festas, por non ter clases.

 

“Coa única actividade da Cabalgata de Reis bótanse de menos iniciativas propias do concello para celebrar estas datas tan especiais”, establécese desde os socialistas vilalbeses

 

Tendo en conta,  a existencia dun período vacacional amplo dos escolares, os socialistas suxiren unha programación lúdica que inclúa teatro, cine, monicreques, ou algún obradoiro, entre outros. Teixeiro explicou tamén que a intención non sería outra que a de “favorecer a convivencia dos nosos pequenos, e facilitarlle aos pais a conciliación da vida laboral e familiar namentres duren as vacacións destas datas sinaladas”; pois neste eido limitouse toda a actividade a un taller o día 21 pola tarde, data que aínda os nenos non estaban de vacacións.

 

Os socialistas puxeron de exemplo as actividades de concellos limítrofes, como o caso de As Pontes, que posúen unha programación específica e destinada aos cativos.

Sociedade