O PSdeG demanda da Xunta protección do Castro de Baroña

O PSdeG demanda da Xunta protección do Castro de Baroña

11 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O deputado barbanzano do PSdeG-PSOE Jose Manuel Lage Tuñas interveu no Pleno da Cámara para interpelar ao goberno galego sobre o motivo polo cal a Consellería de Cultura e Turismo non dispón dunha partida dedicada á urxente actuación da restauración e protección do Castro de Baroña. Lage Tuñas recordou que “foi o propio presidente da Xunta o que dixo que a axuda para protexer o castro de Baroña tiña que vir de f&oacute

O deputado do PSdeG-PSOE ve “inaprazable” que a Xunta de Galicia protexa o castro de Baroña e pídelle que destine unha partida orzamentaria á aplicación urxente do plan especial de protección do citado xacemento.

Lage Tuñas manifestou na súa intervención que “o goberno galego sigue enterrando centos de millóns de euros na denominada “cidade da cultura”, contenedor cultural que sigue sen saberse moi ben para que serve ao mesmo tempo que asistimos á desprotección do castro de baroña, patrimonio cultural de tódalas galegas e galegos”.

Asegurou que “esta grave contradicción no ámbito da cultura e do patrimonio require doutra política diferente á que está desenvolvendo o goberno galego en materia de protección do patrimonio cultural.”

Ben Interese Cultural

Sinalou tamén que “é fundamental o recoñecemento do castro de Baroña, sito no concello de Porto do Son (A Coruña) como ben de interese cultural BIC)” e asegura que “despois de vintetres meses de goberno presidido por Núñez Feijóo con ausencia de noticias sobre a xestión do goberno galego nesta materia, entendemos que é preciso facer un balance da situación na que se atopa o recoñecemento cultural e patrimonial do castro de Baroña.

”Os socialistas galegos queren que en 2011 se declare BIC (ben de interese cultural) o castro de Baroña, despois de dous anos “en blanco”, “onde a consellería de Cultura non tramitou o expediente administrativo que agora anuncia a bombo e platillo.” apunta Lage Tuñas.

O conselleiro de Cultura recoñeceu que a Xunta aínda incoará o expediente no primeiro cuadrimestre deste ano, tendo prevista a súa culminación administativa e declaración definitiva a finais de ano.

“Esto demostra que este goberno durante os anos 2009 e 2010 non fixo absolutamente nada respecto da tramitación do castro como BIC” advertiu José Manuel Lage.

Partida para urxente actuación no castro de Baroña

O parlamentario socialista explicou que “os socalistas galegos defendemos en moitas ocasións a importancia de poñer en valor o noso patrimonio histórico e cultural, e a necesidade de que os poderes públicos adopten decisións encamiñadas a acadar este obxectivo amplamente compartido pola sociedade galega.

”Na súa intervención reclamou ao conselleiro de Cultura que adique unha partida orzamentaria ao coidado, restauración e protección do castro de Baroña, patrimonio de tódolos galegos e galegas, e que está sufrindo un serio deterioro pola inacción da xunta de Galicia, que é a administración competente en materia de protección do patrimonio cultural.

“Así as cousas consideramos urxente que o Goberno Galego adique unha partida económica neste ano 2011 para a execución das actuacións urxentes previstas no plan especial de protección do citado xacemento, nos prazos que sexa posible e seguindo os criterios técnicos do citado plan.”

Por todo isto Lage Tuñas considera imprescindible que a Xunta de Galicia proceda a:

1.-Concluír, durante o ano 2011, os trámites do correspondente expediente para a declaración do castro de Baroña, sito no concello de porto do son (A Coruña), como ben de interese cultural (BIC).

2.-Dispoñer unha partida orzamentaria para a urxente actuación de restauración e protección patrimonial como fixa o plan especial de protección do castro de Baroña (Porto do Son- A Coruña).

Institucional