O PSdeG negocia excepcións en Galicia aos novos requisitos para as centrais térmicas

O PSdeG negocia excepcións en Galicia aos novos requisitos para as centrais térmicas

16 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O ministro de Industria, Miguel Sebastián, escoitou as razóns que lle achegaron o secretario de Organización do PSdeG e senador, Pablo García, xunto cos alcaldes de As Pontes e Cerceda, para que o Goberno artelle fórmulas que eviten os prexuízos que a entrada en vigor do chamado Decreto do Carbón podería ter para as centrais térmicas galegas. O feito de procurar unha solución é indicativo de que realmente existe un problema, e os s

García explicou ao ministro que as estacións galegas “tiveron que empezar a queimar carbón de importación debido a que se esgotaron as reservas de carbón autóctonas”. Cómpre salientar que a reforma impulsada polo Goberno central privilexia o consumo do carbón autóctono. Isto faise, segundo o senador socialista, para “axudar ás comarcas produtoras de carbón español ante a caída do seu consumo”, porén “en ningún caso isto pode facerse a costa de prexudicar ás dúas centrais de Galicia”, resolve.

Dende o PSdeG asegúrase que o Ministerio de Industria “non contempla baixo ningún concepto o peche” de Meirama e As Pontes e cárgase contra a Xunta por “fomentar o alarmismo”. Pablo García critica que durante a tramitación do decreto nin o presidente Alberto Núñez Feijóo, nin o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, “moveron un dedo para defender as centrais térmicas”.

Sociedade