O PSdeG-PSOE de Vilalba abre as portas da súa sede a todos os veciños do concello

O PSdeG-PSOE de Vilalba abre as portas da súa sede a todos os veciños do concello

05 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Vilalba informou da decisión acadada polo partido de abrir, a partir de mañá 6 de abril, as portas da súa sede para “por en práctica o compromiso acadado coa militancia vilalbesa”. Os días e o horario elixido para tal fin serán os martes e os xoves entre as 19.30 e as 20.30 horas. Deste xeito, a Agrupación atenderá nas súas oficinas da rúa Campo de Puente nº 1,

Desde o PSdeG-PSOE de Vilalba aseguraron ser “un partido vivo, que se compromete coa sociedade vilalbesa”, e por iso levaron adiante esta iniciativa. Desde esta formación política afirmouse que permanecen “receptivo ás opinións dos seus afiliados e, desde logo, e máis importante, ao que teñan que dicir os veciños e veciñas de Vilalba, que son a nosa primeira preocupación”.

Así, coa apertura da sede, tentarán achegarse “máis aínda aos veciños, para que nos participen o que entenden que sería bo e necesario para o progreso do noso concello. Sobre todo, -manteñen-, queremos dar a man ás ideas, pero tamén ao traballo, para conseguir entre todos e todas un concello con máis oportunidades de desenvolvemento”.

Cambio na Cea Homenaxe a Martín Seco

Debido ao importante número de reservas recibidas para a Cea-Homenaxe do próximo 17 de abril ao histórico dirixente da formación socialista vilalbesa, Martín Seco Cendán, informouse de que haberá un troco de local, xa que se superou o aforo do Hostal Terra Chá.
 
O novo espazo elixido para este evento será o Restaurante Nova Ruta, situado na saída de Vilalba pola estrada cara Lugo (LU-541), no barrio de Fabilos e pertencente a parroquia vilalbesa de Noche.
 
Aínda está aberto o prazo para poder inscribirse na homenaxe, que se pode facer no propio Hostal Terra Chá ou ben chamando aos teléfonos dos concelleiros socialistas Elba Veleiro (670 730 760), Margarita de Vicente  (659 379 346) ou Martín Seco García (630 123 770).

Sociedade