O psicópata e a vítima de Talía Teatro

O psicópata e a vítima de Talía Teatro

25 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Un psicópata e a súa vítima, secuestrados nun espazo sen posibilidade de fuxida aparente, van descubrindo a súa historia, onde o que é certo e falso prende sempre dun fío. Na busca da verdade que os levou a esta situación extrema, o papel de culpable vai de man en man e o que parecía un final previsible transfórmase en inevitable.É o argumento de Palabras encadeadas, a obra que o vindeiro venres escenifica Tal&iacute

O vindeiro venres día 29 de outubro dará comezo a nova tempada da programación de teatro “Roberto Vidal Bolaño” dedicado ás compañías  profesionais incluída dentro dos  Encontros Culturais do Outonoda concellería de cultura de Culleredo  coa representación ás 20:30 horas no Edificio de Servicios Múltiples de O Burgo do espectáculo “Palabras encadeadas” de Talía Teatro. Toño Casais  recibiu o premio “María Casares” 2010  ao mellor actor protagonista e Artur Trillo á mellor dirección por “Palabras encadeadas”.

Con esta función enceta unha nova tempada de teatro profesional  que ven precedida polo enorme éxito de público acadado na celebración nas pasadas semanas do Festival Internacional de Títeres “Consorcio das Mariñas” na que participaron máis de 1000 nenos e nenas dos colexios de Culleredo coa participación de compañías de monicreques de diferentes lugares do mundo como Sri lanka, Alemaña ou Brasil. Celebrouse, tamén, o I Ciclo de teatro Afeccionado “Entredous Carfax Teatro” na que diferentes compañías de teatro amador de toda Galicia amosaron os seus traballos no noso concello.

O ciclo “Roberto Vidal Bolaño” que enceta o vindeiro venres 29 de outubro estará dedicado ao teatro infantil coa participación das mellores de Galicia como, Sarabela Teatro, Artestudio Teatro, Caramuxo Teatro ou Berrobambán.

"Palabras encadeadas” está dirixida por Artur Trillo e interpretada por Toño Casais e María Ordoñez. A iluminación é de Dani Trillo, escenografía de Carlos Alonso e música de Fernando Fraga. Toño Casais  recibiu o premio “María Casares” 2010  ao mellor actor protagonista e Artur Trillo á mellor dirección por “Palabras encadeadas”.
 

A entrada xeral é de 3,50 € e a reducida (Estudantes, maiores de 65 anos, carne xove…) de 1,75 €.
Talía Tatro  é unha compañía  de Cee que naceu no ano 1987, acadando dende a súa fundación, e con cada espectáculo realizado, unha maior consolidación como compañía estable, logrando cada vez máis difusión e aumentando progresivamente o número de funcións de cada espectáculo. Nos últimos tempos Talía Teatro conseguiu certo recoñecemento da crítica, acadando nos dous últimos anos os premios do “Certame Xuventude de Teatro”.

Cultura