O que lle sae de dentro aos artistas

O que lle sae de dentro aos artistas

07 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"O artista fai algo que lle sae moi de dentro, e faino con amor, tensión, dór ou alegría" afirma o fotógrafo Ovidio Aldegunde, quen recoñece que nos retratos, introduce a súa opinión, a súa mirada subxectiva. Aldegunde inaugura esta tarde unha mostra denominada 27 instantes e unha excepción, onde se recollen imaxes da maioría dos artistas que pasaron polo Teatro Jofre nos anos 2009 e 2010.

27 instantes e unha excepción é unha mostra de parte do traballo iniciado no ano 2009 por Ovidio Aldegunde e que naceu co obxectivo de reflectir a actividade escénica no Teatro Jofre. Amosa tanto os ensaios como a posta en escena de actuacións e representacións que tiveron lugar no escenario do Teatro, independentemente da disciplina escénica de que se tratase (teatro, danza, música, etc.). A exposición inaugúrase ás sete desta tarde no Teatro Jofre de Ferrol e  será un dos actos do día de San Xiao, patrono de Ferrol e Narón.

Cultura