O que se agocha tras os fusilamentos en “O Segredo da Frouxeira”

O que se agocha tras os fusilamentos en “O Segredo da Frouxeira”

27 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Cultural Fuco Buxán presenta este venres o documental “O Segredo da Frouxeira” de Xosé Abad. Centrado no asasinato, en 1938, do Alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto Leis e de Modesto del Río, Jesús Miño e Avelino Landeira, “paseados” con él, na Praia da Frouxeira de Valdoviño, por protexelo.

 “O Segredo da Frouxeira”  aborda un tema nunca suficientemente contado, pero desde unha perspectiva diferente, a dos conflitos e equívocos vividos polos familiares das vítimas. A perda, o saqueo, o silencio, a ameaza, a difamación, todo o que sucedes tras o fusilamento dos seus familiares.

A carga emocional non impide ás familias, tamén vítimas da represión, reencontrarse e reclamar o recoñecemento da verdade, sen ningún ánimo de vinganza e construíndo unha historia de enorme dignidade”. 

Trátase  dunha produción de EAF Producións en coprodución coa TVG, coa subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia,  o apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, da Deputación da Coruña (Cultura), da Fundación 10 de Marzo (CC.OO.), da Asociación Cultural “FucoBuxán”, Asoc. Memoria Historica Democrática, Formateo e CG producións.

“O Segredo da Frouxeira" preséntase este venres na Casa da Cultura de Valdoviño ás oito e cuarto do serán. 

Sociedade