O río Cádavo desbordouse en Fene

O río Cádavo desbordouse en Fene

10 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As abundantes precipitacións caidas a pasada noite e ao longo do dia provocaron anegamentos en distintas zonas de Perlío en Fene. O canle do río Cádavo non puido coa inxente cantidade de auga o que obrigou ao corte de varias rúas e ao anegamento de distintas vivendas e baixos. Os piores momentos producíronse despois das pleamares que hoxe coincidiron ás 3 da madrugada e as 3 da tarde.

As pontes sobre a avenida Marqués de Figueroa e a rúa do Ameneiral e a canalización do río á altura das denominadas "vivendas verdes de Astano" provoca periodicamente o desbordamento do Cádavo en diferentes puntos. Segundo manifestou o alcalde de Fene Iván Puentes, unha memoria valorada sobre as solucións para o aliviamento do canle fluvial situa o orzamento da actuación en 4 millóns de euros. Empregados municipais colocaron esta tarde sacos de area á altura do Ameneiral en Perlío para intentar evitar que a auga anegue os baixos e as vivendas sindicais de San Estebo.

Sociedade