O Racing de Ferrol e o Deportivo B, Esparta fronte a Atenas

O Racing de Ferrol e o Deportivo B, Esparta fronte a Atenas

03 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A rivalidade entre Atenas e Esparta foi o fundamento da historia de Grecia. En Esparta, o home, o cidadán, era un soldado que se exercitaba nas súas virtudes militares, sempre disposto a dar a vida pola patria. Os xogadores do Racing de Ferrol deben ser hoxe espartanos á hora de enfrontarse ao Fabril, o filial do Deportivo da Coruña. Afortunadamente a tradicional rivalidade entre Ferrol e A Coruña (noutrora Vila Ladra e Vila Podre) hoxe só se dirime no terreo deport

O Racing chega a este compromiso na 4ª posición, con 56 puntos. Unha victoria hoxe daríalle practicamente seguro o pase para a fase de promoción á Segunda División do fútbol. Pola contra o Deportivo B está practicamente descendido e teñen que darse moitas coincidencias nestas dúas últimas xornadas para que os fabrilistas puideran ter algunha opción.

 

Os ferroláns estarán tamén pendentes dos partidos que disputan o Celta B - Lemona (12 h.) o Pontevedra - Zamora (17h.) e o Ponferradina - Sestao River (19h.). O partido Deportivo B - Racing de Ferrol comezará ás 12 do mediodia no campo de Abegondo. 

Deportes