O Racing recibe ao Cerceda pensando no Pontevedra

O Racing recibe ao Cerceda pensando no Pontevedra

22 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Racing de Ferrol enfrontase ás oito desta tarde no estadio da Malata ao Cerceda, en encontro valedeiro para a Copa Galiza. A directiva acordou declarar a xornada de portas abertas. Michel Alonso dará minutos aos menos habituais na Liga, para reservar algúns efectivos para o partido do domingo fronte ao Pontevedra.

O Racing afronta o partido desta tarde fronte ao Cerceda como unha parentese inevitable. Pero concentra as súas enerxias e os seus pensamentos no partido de Liga do domingo diante do Pontevedra. O equipo do “Hai que roelo” chegará ferido a Ferrol, despois de sofrir no seu estadio de Pasarón unha dolorosa derrota por 0 a 4 co Ciudad de Santiago. O adestrador do Racing Michel Alonso viu ese partido na cidade do Lérez. Segundo a súa opinión, o Ciudad cada vez que chegou á portería marcou. O Pontevedra estivo nervioso, segundo Michel Alonso.

 

Se gaña o domingo, o Racing de Ferrol eliminaría a un rival directo na loita polo cuarto posto que da dereito á promoción de ascenso. O Pontevedra atravesa unha delicada situación económica e as súas únicas opcións de entrar na promoción pasan por gañar este domingo en Ferrol. Polo tanto será un rival perigoso.

Deportes