O raposo renarte e espilido

O raposo renarte e espilido
25 de Abril, 2019 - 09:02 h. | Publicada por Radio Lugo

Esopo, Fedro e Samaniego distinguíronse pola elaboración de fábulas, esas composicións literarias breves, de ficción na que os personaxes son animais con características humanas como o falar. As historias concluen con moralexas ou sentenzas de carácter instrutivo. Tamén se internaron no mundo das fábulas George Orwell (A rebelión dos animais) e Älvaro Cunqueiro (Fábulas e lendas do mar). Antonio Reigosa non é a primeira vez que da voz aos raposos na súa criación literaria. O raposo, ou golpe, intelixente e pillo, renarte e espilido. Non había galiñeiro que se lle resistise.

ESCOITA O PODCAST:
Antonio Reigosa no club de lectura de Radio Fene Radiofusión

Este libro remata dun xeito que non se pode desvelar. Porque é para que un pai o lea ao seu fillo cando xa chega Pedro Chosco. Para que unha nai o descubra cunha pequena cando se vai para a cama. Ou tamén para que un namorado llo lea á súa parella. Para todo iso serve “O raposo aviador que voa sen motor”, de Antonio Reigosa. Falamos deste libro no club de lectura de Radio Fene Radiofusión.

Dous rapaces e tres rapazas aparecen na barriga da balea tomando un refresco. Ese tipo de fantasía aparece neste volume publicado por Edicións Xerais.  

Cultura

Publica o teu comentario agora