O real Coro Toxos e Froles cumpre 100 anos

O real Coro Toxos e Froles cumpre 100 anos

29 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

No vestíbulo da sede do Toxos e Froles na rúa Magdalena de Ferrol está aberta unha exposición de fotos que recolle os 100 anos do Coro Toxos e Froles. Unhas 400 reproduccións de fotografías do arquivo que serven para facer un percorrido polos coristas que nalgún momento participaron do Coro e no que se poden apreciar as variacións estéticas, de vestiario, … polas que foi pasando ao longo desta centuria. De seguro que calquera ferrol

O 30 de Xaneiro de 1915 os estatutos redactados pola comisión xestora do Toxos e Froles dez días antes, foron refrendados e aceptados polo goberno civil da época, co cal se lle daba oficialidade á fundación deste coro ferrolán que recolle as inquedanzas e o espíritu daquel primeiro coro pontevedrés “Aires da Terra” fundado polo gaiteiro Perfecto Feijoo. O Toxos e Froles será o encargado dende aquela de manter as nosas tradicións, as nosas músicas e a nosa cultura galega. Non debemos esquecer o inmenso apoio prestado naqueles inicios pola Rondalla “Airiños da Miña Terra”, orquesta de punteo de grande prestixio e valedores do Toxos para o seu nacemento.

Nestes 100 anos de vida o Real Coro “Toxos e Froles” ten levado o nome de Ferrol a todos os lugares do mundo nos que ten actuado, sendo o grande embaixador da cultura galega feita en Ferrol alí onde estivo.  Ademáis, xunto co Rancho das Rendilheiras da Praça son os impulsores do irmanamento das cidades de Ferrol e Vila do Conde.
É por elo que grande parte da historia de Ferrol deste século non pode ser entendida sen o Toxos, así como dende o Toxos queremos agradacerlle ás xentes de Ferrol o agarimo e apoio prestado nestes tempos.

Sociedade