O rei emérito colouse no pleno

O protocolo do inicio do curso escolar suscitou moito debate
04 de Setembro, 2020 - 09:45 h. | Publicada por Radio Fene

Baixo as altas temperaturas rexistradas onte, a corporación fenesa celebrou o pleno de setembro con encendidos debates que tiveron ao rei emérito, o inicio do curso escolar ou o centro de saúde como protagonistas.

ESCOITA O PODCAST:

O pleno de Fene prorrogou o contrato da xestión do servizo de axuda a domicilio e por un ano máis á empresa Atende. Foi unha das decisión adoptadas na sesión do mes de setembro celebrada onte. A corporación fenesa empezou o curso cun intenso debate de cinco mocións, dúas delas co mesmo asunto, contra o requerimiento do goberno central dos recursos dos concellos, que en Galicia ascenden a 1.300 millóns de euros, para ter liquidación financieira. O BNG propón que sexa a Xunta de Galicia a que reclame a derogación da Lei de estabilidade financieira, máis coñecida como a Lei Montoro. O PP presentou outra moción reclamando o mesmo pero con outro interlocutor que non sexa a Xunta senón a FEMP. Prosperou coa maioría a proposta dos nacionalistas.

O rei emérito

Encendido debate provocou a moción de EU sobre o modelo de Estado, solicitando un referéndum popular sobre monarquía ou república. A iniciativa presentada por Mª Carmen Martínez pediu a condea da fuxida do rei emérito, unha investigación parlamentar das “fechorías” de Juan Carlos e que, de resultar este culpable, devolva ás arcas públicas o diñeiro conseguido dun xeito ilícito. Juanjo Franco defendeu a figura do vello monarca no nome do grupo popular, calificando a proposta de EU de “frívola” por facer caso ás acusacións dunha señora nos medios de comunicación e non agardar ao que diga un xuiz. Engadiu Franco que neste momento de crise non é oportuno o debate monarquía/república, ao que respondeu a portavoz de EU que "para o PP nunca é o momento de falar de corrupción". O concelleiro Antón Noceda defendeu que o pacto constitucional sigue vixente, aínda que coincidiu en boa parte dos argumentos de Martínez. A voceira do BNG, Sandra Permui, afirmou que o Bloque nunca defendeu a Transición para contrarrestar o argumento dos populares da figura do rei emérito como salvador da democracia. Finalmente a moción prosperou a pesar do voto en contra do PP e a abstención de Antón Noceda.

Inicio curso escolar

O grupo socialista e o BNG refundiron duas iniciativas nunha, relacionada co protocolo da Xunta de Galicia para o inicio do curso escolar. Demandaron máis dotación de profesores e máis diálogo e consenso cos colectivos directamente implicados no ensino, profesorado e pais e nais do alumnado. O debate provocou un rifi- rafe entre o grupo de goberno e o grupo popular que calificou de impecable a xestión de Núñez Feijoo que xa anunciou a incorporación de 1000 novos profesores e mestres para o curso 2020-2021. A portavoz do BNG, Sandra Permui, respondeu que “é tan maravilloso o protocolo da Xunta que o primeiro día do curso xa está convocada unha folga”. Denunciou Permui a falta de epis e xel nos centros escolares a día de hoxe e que é o concello quen se ten que buscar a vida. A isto respondeu Rocío Bértoa que a limpeza dos centros é competencia municipal e reprochoulle que con este goberno local “os colexios están manga por hombro”.

Atención sanitaria

O último debate foi por iniciativa do grupo socialista. Mar Piñeiro reclamou a inmediata apertura do centro de saúde de Maniños e a mellora da atención telefónica no centro do Tarrío, saturado porque non se cubren as baixas médicas. Rocío Bértoa informou que no centro de Maniños xa empezaron as obras da reforma retrasadas a causa da Covid19. Os rogos e as preguntas puxeron o punto final ao pleno.

A acumulación de neumáticos na rúas de Fene (120 rodas), o retraso na concesión de licencia das terrazas ou o tira e afrouxa sobre o Outlet celebrado en Fene, foron algunhas das suxestións.

Institucional

Publica o teu comentario agora