O reino máis antigo do Occidente de Europa

O reino máis antigo do Occidente de Europa

06 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

Hermerico convírtese no ano 410 no primeiro rei de Galicia. Os suevos instálanse na Gallaecia romana e asinan un pacto de hospitalidade co emperador de Roma. Coa teórica aceptación da superior autoridade imperial e co compromiso de prestar asistencia militar, constitúen de facto un reino. Afirmao así o profesor Anselmo López Carreira, autor do libro “Historia de Galicia” que ven de publicar Edicións Xerais.

Galicia como reino, segue contando con persoalidade política propia durante máis de mil anos, dez séculos que foron silenciados e ocultados pola historiografía oficial. No ano 1230 morre o rei Afonso VIII e foi coroado o seu fillo Fernando III que xa era rei en León. Na persoa dese monarca uníanse as dúas coroas, a galego-leonesa e a castelá. Mais isto non supuxo de momento a unión administrativa dos reinos, que conservaron os seus respectivos usos tradicionais. No reino galego-leonés continuou vixente o código do Liber Iudicium, e ata o século XIV as Cortes de cada un deles seguíronse a reunir case sempre de forma independente. O novo código de leis aprobado en 1348 para Castela nas Cortes de Alcalá houbo de ser a continuación referendado para Galicia-León noutras Cortes en 1349. A unión tampouco tivo repercusión cultural. Da segunda metade dese século son as Cantigas de Santa María, compostas polo rei Afonso X (fillo e sucesor de Fernando III) nas que se percibe un idioma vivo, falado usualmente polo propio monarca.

Sociedade