O Restaurante Casa Maragata acollerá aos mellores xogadores de tute da Terra Chá

O Restaurante Casa Maragata acollerá aos mellores xogadores de tute da Terra Chá

05 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Restaurante Casa Maragata, situado en Torre Pedrouzos, Vilalba, será o lugar onde os que gusten do tute e presuman de sabedoría nesto dos naipes poidan amosar a súa valía e facer ver que non van de farol. O I Campionato de Tute desta vila chairega disputarase o vindeiro sábado 9 de maio, e terá mais premios que o de gañar e vacilar aos contendentes na mesa de xogo.

O primeiro premio aportará á parella gañadora 250 euros, o segundo, 100 euros e o terceiro, 60 euros. Para os que non accedan aos postos de honra tamén haberá unha repesca, que aportará 125 euros ao primeiro, 50 ao segundo e 30 ao terceiro.

 

O prezo pola inscrición será de 42 euros por parella, incluíndo unha cea. Estará limitado a 30 parellas e o último día para apuntarse será o xoves 7 de maio nos teléfonos de contacto 982 51 04 02 ou 649 56 89 98.

Sociedade