O retorno de Emilio Cao

O retorno de Emilio Cao

14 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Yo quiero ser Emilio Cao, tocar el arpa en el Caurel,... Dese xeito irreverente cantaban os de Siniestro Total na década dos 80. Transcurridos 25 anos, os de ST seguen na brecha, ainda ofreceron concertos neste ano 2009 en Madrid e Murcia. E Emilio continua tocando. O vindeiro sábado actuará, nada máis e nada menos, que na illa de San Simón, nas entrañas da ria de Vigo.

O compositor, arpista e cantante Emilio Cao actuará esta fin de semana na Illa de San Simón dentro do programa de música Espazos Sonoros da Consellerái de Cultura. A actuación será as 19:00 horas do sábado con entrada de balde. Para asistir é preciso reservar praza nunha das embarcacións que durante a xornada se trasladan á San Simón dende o peirao de Cesantes.

 

Cao é un dos músicos pioneiros e referente dentro da música folc e foi o primeiro que recuperou a arpa como instrumento para interpretar música tradicional como continuador do tradición trobadoresca medieval. Baixo o título “Co mar no meu peto” Emilio Cao propón un concerto intimista de cancións mariñas e temas instrumentais para arpa.A reserva para esta actuación musical así como para visitar a Illa durante a fin de semana pódese facer a través da páxina web www.illadesansimon.org ou no teléfono 986 90 38 84.

Sociedade