O reventón dunha tubería deixou boa parte de Fene sen auga

O reventón dunha tubería deixou boa parte de Fene sen auga

29 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O reventón dunha tubería ten unha das arteiras principais de Fene sen auga. Á iso das 7,30 da mañá rebentou a conducción de auga na Avda Naturais de Fene fronte ao Edificio Os Soportais, na marxe dereita do vial. O reventón provocou o anegamento das casas situadas no lugar da rotura, así como dos baixos do concesionario da Ford.

O corte no suministro afecta a toda a Avenida Naturais de Fene, á rua do Concello e á Porta do Sol. Segundo indicaron a Radio Fene responsables de Aquagest, valoran que contra as catro da tarde poidan repoñer o suministro e non á unha como se prevía esta mañán. Segundo as mesmas fontes, a rotura estaba noutro lugar distinto a onde asomóu a auga, sendo máis grave do que parecía nun primeiro momento. Por iso houbo que rozar un bon anaco da estrada para dar co lugar onde rompeu a tubería.

Na Avda Naturais estivo a concelleira Rocío Bértoa analizando a situación e prestando a axuda municipal ás familias que se viron sorprendidas esta mañá pola auga que entrou nas suas casas.

Sociedade