ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Durante 200 anos, no concello de Neda funcionaron de media uns 28 muíños. Hoxe en día non queda ningún activo. De forma excepcional nesta zona funcionaron muíños de maquía, muíños dun propietario que traballa cun punto de vista industrial. No século XVI en Neda instalouse a Fábrica de biscoitos de pan que surtía á tripulación dos barcos de galletas. Datos como estes atopámolos no libro “Mu&iac
“O rio Belelle dá luz, brancura, auga e pan”.O dito popular dá boa conta da importancia económica desta canle fluvial que é o escenario do estudo de Manuela Santalla. A historiadora explica, nestas páxinas, como era o funcionamento dos muiños de parceiros muíños de maquía do Belelle, e da sua vocación industrial, pouco frecuente noutras comarcas de Galicia.
O pan de Neda débelle a excelencia a tres motivos: o oficio da muiñada e a panadería; á materia prima, o gran, e á auga do río, segundo a autora. O libro de Santalla deténse tamén na Fabrica de biscoitos de pan que funcionou durante 18 anos entre finais do XVI e principios do século XVII, un edificio desaparecido, de duas plantas e dotada con 18 fornos.
“Muiños, fornos e pan de Neda, acaba de ver a luz e pode adquirirse xa nas librarías da comarca.