O risco da exclusión

Sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Fene e a Fundación Amigos de Galicia
30 de Setembro, 2019 - 11:55 h. | Publicada por Radio Fene

A Administración local destinará 7.000 euros para desenvolver accións de atención ás persoas en risco de exclusión social do municipio.

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, asinou coa Fundación Amigos de Galicia un convenio de colaboración por importe de 7.000 euros. A través do mesmo, a entidade social levará a cabo accións de atención ás persoas en risco de exclusión social do municipio. A entidade ten entre os seus principais fins cubrir as necesidades básicas das persoas máis desfavorecidas, ademais de procurar a integración social e laboral das mesmas, co propósito de evitar a súa exclusión social.

Entre os seus cometidos, Amigos de Galicia, tamén traballan nun proxecto integral para mulleres en situación de vulnerabilidade; a protección da infancia; co colectivo migrante ou en campañas solidarias de recollida de tapóns de plástico.

A Fundación Amigos de Galicia é posible grazas  á iniciativa privada, e dunha maneira especial, ás empresas galegas, tanto polo seu apoio económico, como polas doazóns en especia, a maior parte en forma de alimentos. Conta coa importantísima colaboración dos Fondos Europeos de Loita conta a Pobreza, do Goberno de España, da Xunta de Galicia, das Diputacións e dos Concellos.

Institucional

Publica o teu comentario agora