O románico mariñeiro galego

O románico mariñeiro galego
30 de Xullo, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

A ermida da Mercé de Chanteiro conta, desde moi antigo, cunha grande devocion mariñeira. Moitas embarcacións ao pasaren por diante da ermida, erguían os remos e cantaban a Salve en honor á virxe.

Fernán Pérez de Andrade mandou edificar a ermida de Chanteiro. En 1396 cedeuse ao convento de Santa Catarina de Montefaro. En 1933 sofreu un grande incendio perdéndose o seu retábulo maior e dous altares barrocos. Restaurada posteriormente, abreuse de novo ao culto en 1943. O conxunto da edificación é un bó exemplo do estilo chamado "románico mariñeiro galego". É de só unha nave con capela maior rectangular, contrafortes exteriores e coberta de armadura de madeira.

Cultura

Publica o teu comentario agora