O ropopompón na memoria

O ropopompón na memoria
22 de Decembro, 2020 - 02:21 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños estivo moi presente esta mañá no obradoiro radiofónico "Fene na memoria".

ESCOITA O PODCAST:

O Tamborileiro de Raphael e o Himno á alegría de Miguel Rios foron as cancións que iluminaron de Nadal esta mañá o "Fene na memoria" programa realizado en coordenación cos Servizos Sociais municipais de Fene, como alternativa aos obradoiros presenciais, imposibles de momento polo coronavirus. Co psicólogo Fernando Bermúdez ao frente e Juan Carlos Seco Blanco como usuario voluntario, fixemos memoria sobre o nacemento de Radio Fene, o nacemento de Astano, o monumento ao Camiñante ou sobre a escritora fenesa, Paula Carballeira. No xogo "verdadeiro ou falso", Fernando Bermúdez pregunta e Juan Carlos Seco responde. Casualidades da vida, Paula Carballeira e Juan Carlos Seco eran veciños do camiño do Vaqueiro en Maniños. O reto para facer na casa esta semana por parte dos usuarios e usuarias de "Fene na memoria" é, cando menos, enviar unha postal de Nadal a alguén. Juan Carlos Seco deixounos un paraxe para visitar na parroquia de Maniños de onde é natural. Para el o mellor da parroquia é a Riberia.

 

(Na imaxe, o psicólogo Fernando Bermúdez)

Sociedade

Publica o teu comentario agora