O ruído das portas das igrexas...

O ruído das portas das igrexas...
25 de Febreiro, 2021 - 10:56 h. | Publicada por Radio Fene

O poeta fenés Pablo Bouza alzouse co Premio Xosé María Díaz Castro que concede o concello de Guitiriz. O poemario " Como o ruído que fan as portas das igrexas ao pecharse” acadou a unanimidade do xurado e será editado en Espiral Maior.

ESCOITA O PODCAST:

O fenés Pablo Bouza Suárez recibía unha chamada telefónica o pasado luns a última hora. Era a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, para comunicarlle que era o gañador da 5ª edición do Premio Xosé María Díaz Castro por decisión unánime do xurado. O título, provocativo, “Como o ruído que fan as portas das igrexas ao pecharse” xa estaba elixido antes de pecharse este poemario que durante seis anos foise nutrindo de novos poemas e descartando outros. “Levaba seis anos cun libro sen publicar, con poemas que entraban e saían” afirma o escritor fenés, ata que o presenta a este certame con éxito e se abre a opción de publicalo na editorial Espiral Maior.

Para Bouza, a preocupación pola memoria, invividual e colectiva, sempre está entre as súas teimas, polo demais cheas de amor, morte ou vida. “Busquei que os poemas foran transparentes, de lectura doada, pero con imaxes potentes” explica. Referentes poéticos para Pablo Bouza hai moitos, lee moito e varios libros á vez.

Na conversa con nós eloxiou as novas voces poéticas galegas, femininas moitas delas, e dun nivel altísimo. Polo seu recente falecemento, volveu sobre Joan Margarit e está a ler unha recompilación da súa obra.

Pablo Bouza é técnico de Cultura do concello de Culleredo. (Imaxe de La Opinión.

Cultura

Publica o teu comentario agora