O sábado, alerta laranxa en toda a costa galega

O sábado, alerta laranxa en toda a costa galega

10 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia alerta de que o episodio de meteoroloxía adversa por fenómenos costeiros de nivel laranxa que está afectando á costa coruñesa estenderase o sábado, 12 de febreiro, a todo o litoral galego. egundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), xa na tarde de mañá, a partir das 18.00 horas, espéranse olas de compoñente Oeste de a

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos costeiros; ás Deputacións, aos servizos provinciais e asociacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos das tres provincias galegas con costa, entroutros. Tamén alertan á poboación da importancia de seguir as medidas de autoproteción como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Para calquera dúbida aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 www.112galicia.org., que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Sociedade