O sabado arrinca o IV Festifolk en Mugardos

O sabado arrinca o IV Festifolk en Mugardos

17 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mugardos acolle o sabado, durante todo o dia, a cuarta edición do Festifolk . Polo escenario do Parque Municipal de San Xoan de Piñeiro pasarán os grupos: Muxarega, Ruxe Ruxe, Os 3 trebóns, Homes sen medo, e Ultraquans. Dende as 10 da mañán danse cita aló unha amalgama de xogos, exposicións, musica e xantar popular.

Un grupo de amigos comezaron a andaina hai catro anos porque os une, segundo Francisco Anido, o gosto polo folklore.

Unha carpa estará preparada por se chove, pero ata agora houbo sorte todolos anos. Amáis da musica o Festifolk ten moitos máis atractivos: unha exposición de artesanía e outra de bonsais; cucaña e xogos populares; un aberto de billarda ou un xantar popular. Así é o festifolk, segundo Francisco Anido, unha suma de actividades relacionadas coa nosa cultura máis popular.
O sabado ás 10 da mañán ábrese o IV Festifolk en San Xoan de Piñeiro, Mugardos. 

Sociedade