O Salón do Libro Infantil de Pontevedra pon a proba as supersticións

O Salón do Libro Infantil de Pontevedra pon a proba as supersticións

03 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Cruzar os dedos, tocar madeira, levar un trebol de catro follas, fuxir dos gatos negros... Todas as precaucións son poucas para asistir ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que celebra unha edición cuxo número nin os organizadores se atreven a pronunciar. Arredor das supersticións, tema recorrente na literatura oral e escrita, xira este evento que cumpre 12+1 anos. O Salón abrirá as súas portas o domingo no Pazo da Cultura da Cidad

Por mor da crise económica, o evento reduce a súa duración a un mes. “Decidimos facer menos días, pero manter a cantidade e a calidade das actividades”, asegura a conselleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro, destacando o salón acollerá máis dun centro de propostas. Nesta edición, mantéñense tradicións como as Tardes na Sala (ás que acudirán títeres ou contacontos), os espectáculos teatrais para público familiar ou as presentacións de libros. Organizaranse tamén numerosas exposicións e obradoiros.

O 12+1 Salón do Libro quere este ano saír do recinto feiral e achegarse a todos os recunchos de Pontevedra. A organización ten previsto encher ás prazas da cidade coa axuda de Os Bolechas, Troula, Buqueiras Novo, os roteiros temáticos e o humor de Quico Cadaval na Sala Karma. Outra das novidades é o programa de xogos tradicionais e o aberto de Billarda. 

Cultura