O salto ao bacharelato, crucial á hora de decidir o noso camiño

O salto ao bacharelato, crucial á hora de decidir o noso camiño

23 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O IES de Fene organizou unha charla Informativa sobre o Bacharelato que correrá a cargo da orientadora educativa, e do director do IES de Fene, Xoan Vázquez. A charla diríxese ao alumnado de 4º da ESO dos centros educativos de Fene, así como ás súas familias. Celébrase ás 7,30 desta tarde na Casa da Cultura de Fene. Optaron por realizar a charla antes da Semana Santa, porque o prazo de inscrición en bacherelato remata o martes 6 de abril, x

A orientadora educativa e o director do Instituto de Fene participan neste acto. Comezará ás sete e media da tarde na Casa da Cultura. O obxectivo da reunión é informar das diferentes opcións que presenta o bacharelato así como destacar a data na que finaliza as matriculacións, o 6 de abril. Ao faltar pouco tempo daí xurde a urxencia desta charla xa que os que non se matriculen agora non atoparán praza. ”É maior a demanda que a oferta”, sinala o director do Ies de Fene, Xoán Vázquez. Para seleccionar aos alumanos farase un baremo tendo enconta criterios como cualificacións, renda familiar ou a proximidade ao centro. 

Tras a abandonar a ESO, aos alumnos presentáselles dous anos nos que decidir que rumbo tomar, unha carreira universitaria, un ciclo formativo… O bacharelato oferta distintas opcións: de artes, de ciencia e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais. Os estudantes que non gosten das matemáticas, por exemplo, non deberan de coller a rama de ciencia, apunta Vázquez.  

Só un centro da comarca de Ferrolterra dispón do bacharelato de arte máis o centro de Barallobre conta coas outras dúas opcións que a súa vez contan con distintos itinerarios. Para mellorar os mesmos sondearase individualmente a cada alumno para coñecer os seus intereses e informalos. Por iso os itinerarios non serán pechados senón que se amoldarán ao interese do alumnado. Toda unha formación á carta.    

Sociedade