O San Ramón hónrase en Ferrol e en Sillobre.

O San Ramón hónrase en Ferrol e en Sillobre.

29 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Pasou este último fin de semana de agosto e chega setembro con novas citas festivas que, agora sí anuncian o final do verán. O dia de San Ramón péchanse as festas de Ferrol e tamén a temporada festiva en Fene coas de San ramón e San Roque en Sillobre. As Peras de Pontedeume que arrincan a semana que ven dende o 7 de setembro, pero antes cae a festa do Pan de Neda o domingo dia 4.
En Fene hónrase a San Ramón coas festas que celebran n

Festas en Fene

A orquestra Panamá e o grupo Hada actuan o primeiro día de festa na parroquia fenesa de Sillobre, mentras que o segundo estará animado por Madeira e Luz de Luna. O presidente da Comisión de Festas de Sillobre, Manuel Carballo, falouno de Xeila, unha moza criada en Sillobre que actua no grupo Hada e á que queren rendir unha pequena homenaxe.

Os dous dias están previstas actuacións especiais, o primeiro día actuan Berros do Castro no Adro da igrexa ás 8 da tarde e o martes ao final da verbena, Los Tigres del Cañotas. Pasarrúas polas mañás e misas solemnes á 1 da tarde completan o programa da festas de Sillobre, que quedan reflexadas nuns panos conmemorativos que reparten entre todos os veciños e veciñas da parroquia. No marco do San Ramón, sae o mércores ás 6 da tarde a Volta Ciclista, coordenada por Xosé Seco e que percorrerá toda parroquia. Sairá de diante da Fonte de San Ramón.

Fin de festa en Ferrol

Ariel Rot será o músico encargado de pechar as Festas de Ferrol este mércores dia de San Ramón. Actuará na Praza de Amboaxe ás 9,30 antes do lanzamento dos fogos artificiais ás 11,30 no peirao de Curuxeiras, cos que se pechan por este ano os festexos na cidade departamental. Ese mesmo dia 31 ao mediodía o concello fará a ofrenda floral no monumento ao Marqués de Amboaxe e o teatro Jofre acolle a final do XX Concurso Internacional de Gaita “Constantino Bellón”, dende as 8 da tarde. 

Sociedade