O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visita o Aeródromo de Rozas con motivo da celebración do V Criterium Aeronáutico

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visita o Aeródromo de Rozas con motivo da celebración do V Criterium Aeronáutico

23 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A celebración do Criterium Aeronáutico que se celebra en Rozas, Castro de Rei, cumple xa cinco anos. Canda el ten lugar a edición número 27 da volta aérea a Galicia, cuxos participantes foron recibidos na tarde de onte nas instalacións do aeródromo.

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou este mediodía a zona acompañado polo Exército do Aire, quen tamén se achegou ó Aeródromo onde aterrou o avión militar que durante a xornada estará a disposición de todo aquel que desexe viaxar nel. Unhas 100 persoas xa levan disfrutado desta experiencia e, dende a organización, acadan que nos próximos días a cifra se iguale ou se supere.

Esta mañá tamén se desenvolveu unha fase da volta aérea a Galicia que reuniu arredor de trece avionetas e que continuará ó longo do fin de semana. Este ano conta cunha novidade: o concurso de fotografías aéreas da Muralla Lucense que se celebra con motivo do décimo aniversario da declaración do monumento como patrimonio da humanidade.

Demostracións e exhibicións aéreas, voos acrobáticos, competicións, probas de localización de obxectivos e incluso paracaidistas enchen estes días a pista de Rozas. Tamén se poderá comprobar desde a terra as evolucións dos pilotos e as súas máquinas maniobrando no ceo, xa sea nun globo aerostático, nun ultralixeiro ou nun moderno avión contraincendios.
Para todos os que teñan vértigo ou medo a voar pero queiran experimentar que se sinte no aire sen levantar os pés da terra, tamén hai unha alternativa. É o camión- tunel de vento, unha especie de simulador para os menos atrevidos.

Nestes días, ademais da vertente deportiva, debido ó número de pilotos e modalidades de competición que se celebran, hai tamén outra vertente social, xa que todo aquel que queira pode ter a oportunidade de subirse a un avión e ter dende as alturas outra perspectiva tanto da muralla lucense coma da nosa terra.
A Área de Deporte da Deputación apoia dende hai dous anos a celebración deste evento, que conta co esforzo do Real Aeroclub de Lugo, organizador das actividades que teñen lugar durante os días que dura o V Criterium Aeronáutico.

Sociedade