O sector do metal afronta a negociación do convenio colectivo entre o desequilibrio das industrias

O sector do metal afronta a negociación do convenio colectivo entre o desequilibrio das industrias

06 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A vindeira semana constituirase a mesa de negociación do novo convenio colectivo para o sector do metal, co reto de acadar un acordo que satisfaga a traballadores e empresarios en tempos de crise. O secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, Antonlín Alcántara, declarou que a inflación promedio do pasado ano foi do 4,1%, e que os operarios non aceptar&aacu

 "A negociación do metal enfróntase a unha situación que nunca se deu", explicou Alcántara a Radiofusiòn: "Mentres que a industria do naval está a pleno rendemento, outros sectores relacionados co metal, como a automoción ou a construción están á baixa". A diferencia na carga de traballo creará un escenario difícil de manexar, pero o voceiro sindical insiste en que "nos imos admitir que os traballadores paguen os efectos da crise".

Da mesma maneira, anuncian unha resposta máis firme que a de onte, cando se contraron mil traballadores nas rúas de Vigo, se sentenzan con prisión aos catro empregados acusados de disturbios e danos na vía pública durante os paros do naval hai dous anos. A Fiscalía solicita catro anos de cárcere, no que Antolín Alcántara entende que "é un intento de criminalizar o sector". Tanto os acusados como o sindicato CIG confían na absolución ou que, en el última instancia, a sentenza nos lles obrigue a ir ao cárcere. A causa está vista para sentenza.

Sociedade