O segredo da Frouxeira, historia dunha reconciliación

O segredo da Frouxeira, historia dunha reconciliación

02 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Setenta anos despois dun traumático acontecemento familiar, o veciño de Ferrol Paulino Gasalla atopa un pequeno paquete con recortes e recordos. Impresionado, inicia unha minuciosa investigación que o levará a se enfrontar ás consecuencias que implica o seu descubrimento”. O documental “O segredo da Frouxeira” recolle esta historia, a de catro familias relacionadas por un feito dramático silenciado: o asasinato en 1938 do alcalde republicano

Segundo o director do documental, Xosé Abad, “O segredo da Frouxeira” plantexa unha trama moi intensa que sucedeu localmente pero que ten interese universal. O documental “desvela unha traxedia humana que cómpre pechar para poder dicir que temos unha transición democrática realmente feita”, engade o responsable do proxecto.

“O segredo da Frouxeira” comeza coa historia de dous irmáns, Alejandro e Eliseo, separados por cuestións ideolóxicas en dous bandos da Guerra Civil, circunstancia que provoca unha ruptura familiar e que acaba levando á morte a un deles. A familia, que descoñecía ata hoxe o acontecido, enfrontouse coa grabación do documental a unha nova ruptura ou á reconciliación definitiva, segundo recoñeceu Xosé Abad.

Do mesmo xeito, as familias dos outros tres desaparecidos (Modesto del Río, Avelino Landeira e Jesús Miño) tiveron que enfrontarse ao seu pasado, despois de setenta anos de sufrimento e de búsqueda dos restos dos seus familiares.

O documental “O segredo da Frouxeira” estréase mañá no teatro Jofre. A proxección comezará ás sete e media do serán con entrada libre.

Sociedade