O Segredo dos Hoffman: A procura do amor verdadeiro

O Segredo dos Hoffman: A procura do amor verdadeiro

23 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha obra divertida, emotiva, sinxela e máxica presenta Lagarta, lagarta o vindeiro sábado no Teatro Jofre de Ferrol. Narra a historia de 4 membros dunha familia rota por un segredo oculto durante anos.

Roberto Salgueiro adaptou para Lagarta, lagarta a novela de Alejandro Palomas. Rosa Alvarez dirixe a obra interpretada por Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constenla e Rebeca Montero. Os catro dan vida aos membros dunha familia, inmersa nunha situación de enfrontamento, que se reunen anos despois tras a morte da avoa Constanza. Os seus recordos, soños e anceios describen un universo pechado, de enorme carga emotiva. Ernesto Chao indicou a Radiofusión que, nada máis ler a novela, él e máis Rosa Alvarez, déronse conta de que na novela habia unha obra de teatro latente.

O Segredo dos Hoffman. Unha obra de teatro envolvente que busca atopar o amor que realmente importa. 

Cultura