O Seixo e Mugardos, platós de cine

O Seixo e Mugardos, platós de cine
10 de Setembro, 2019 - 08:57 h. | Publicada por Radio Fene

O Seixo e Mugardos volven convertirse nestes dias en platós de cine. Nas dúas localizacións filmanse os exteriores da película “Seixo” que quere propiciar unha reflexión en torno ao carácter pioneiro da obra de Rosalía de Castro. A medio camiño entre a ficción e o documental, a curtametraxe remata de rodarse esta semana.

O colexio de Franza recitou a Rosalía de Castro

A través de entrevistas con historiadores, profesores de galego e veciños do Seixo, incídese na significación de Cantares Gallegos, o libro de Rosalía onde a escritora explícita as súas posturas a favor da igualdade da muller e en defensa dunha cultura e dunha lingua minorizada. A pre-estrea da curtametraxe terá lugar o sábado 29 de setembro no local da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo. Está dirixida por Henrique Sanfiz encargándose da realización e montaxe Miguel Martínez de EmeCe Producións..
Viradeira
En Mugardos tamén rematou de rodarse no pasado mes de agosto a ficción de Voz Audiovisual, Viradeira, que comezará a emitirse na TVG no vindeiro mes de outubro. Está ambientada na localidade mugardesa –rebautizada na serie como Dorneda- e narra en clave de humor a pugna entre a veciñanza e unha empresa buscadora de tesouros para facerse cun galeón afundido.
Mugardos tamén foi escenario nos últimos anos das películas Los Fenómenos de Alfonso Zarauza e Julieta de Pedro Almodóvar. O director manchego declarouse namorado da paisaxe galega pola súa forza e expresividade.

Cultura

Publica o teu comentario agora