O servizo da Garda Civil resíntese dunha organización herdada dos tempos das aldeas

O servizo da Garda Civil resíntese dunha organización herdada dos tempos das aldeas

03 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

“Un cuartel, unha bandeira e pouco máis. Moitas veces, cando chegas a pedir servizo non hai axentes”. Así debuxan a realidade da Garda Civil en Galicia dende o propio corpo da Benemérita. A Unión de Gardas Civís demanda unha reorganización do Instituto Armado que elimine dependencias redundantes, arredor de medio cento na Comunidade, e concentre aos axentes para fornecer de máis persoal a uns cuarteis centrais. Isto conlevará “m&aacut

A idea procede dun informe elaborado na provinicia de Pontevedra e que se estenderá ao resto de Galicia no que se revela a existencia dunha rede pouco funcional de cuarteis. Trátase dunha herdanza dos tempos pretéritos nas aldeas, explica Barrio: “Antes estaban cheas de poboación e precisaban dun cuartel porque os axentes mobilizábanse a pé. Mais agora moitas están baleiras e contamos con vehículos, polo que cómpre facer unha reestruturación”.

Coas melloras laborais na Benemérita, que reduciron as horas de servizo, moitas dependencias non cubren todo o horario que demanda a cidadanía. Xa que logo, a Unión de Gardas Civís resolve que se eliminen redundancias como as que existen no arco Arzúa-Ulloa, con catro cuarteis en treitos de menos de 20 quilómetros de separación. Os axentes mobilizaríanse en vehículos dende unha dependencia central que tería horario completo ao concentrar máis axentes e cada mañá farían rolda por oficinas de atención que poderían estar nos consistorios.

Sociedade